Wednesday 22 de May de 2024

O novo aparcadoiro do centro de Cambre aumenta as súas prazas e poderá albergar a case 150 vehículos


A siguinte actuación será nunca parcela anexa ao CEIP Torrente Ballester

A nova zona de estacionamento de Cambre amplía as súas prazas e poderá albergar a 150 vehículos en dúas zonas separadas por un talud. As obras están moi avanzadas e abrirá o público este mes, do mesmo xeito co novo aparcadoiro no Temple, a carón do CEIP Portofaro, que está prácticamente rematado.

A Concellería de urbanismo e medio ambiente, fai varias actuacións dentro do seu Plan de Aparcadoiros Municipais co obxectivo de ampliar diversas áreas que amplíen as prazas para estacionamentos no termo municipal.

Segundo o alcalde, Oscar García Patiño, o obxectivo é aumentar as zonas de estacionamento nos espazos públicos demandados póla veciñanza

Trátase dunha actuación prioritaria debido as carencias de prazas de estacionamento o que non so afecta a área de mobilidade se non tamén a outras áreas que tanxencialmente se ven afectadas pola capacidade de utilizar os vehículos por parte dos veciños e veciñas de Cambre, tales como comercio, hostalería etc…, carencias que foron postas en coñecemento da administración por parte dos usuarios.

Considerando imprescindible a realización ó longo do municipio dunha serie de actuacións co fin de dar solución a estas demandas con carácter provisional, o goberno local optou por acadar terreos privados, chegando a acordos cos seus propietarios, co fin de usar estas parcelas para uso público de aparcadoiro.

Trás esta actuación o goberno local prevé facer outra actuación no CEIP Torrente Ballester onde, o térreo xa e municipal. Neste caso estase fíxose un proxecto que aumentará en 40 as prazas de estacionamento preto do centro educativo.